O campus monta un obradoiro para manchar as mans reciclando bicis
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/6f4/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/57ffb3bb81-g2.jpg)
© Universidade de Vigo
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/0a1/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/57ffb3d057-g3.jpg)
© Universidade de Vigo
Os colectivos Pedaladas e Dinamo, puxeron en marcha obradoiro Green Bike, que promove a Vicerreitoría do campus.
Catorce membros da comunidade universitaria pontevedresa se ocupan estes días en reciclar vellas bicicletas. Aínda que lles gusta máis destacar que promoven unha mobilidade sostible e contribúen a un consumo racional.
Este taller gratuíto se desenvolve nas instalacións do Pazo da Cultura da man de Eusebio Rivero e Abel Farto.
Esta actividade constitúe un pequeno paso máis que se suma a outras iniciativas como as obras levadas a cabo o pasado curso xunto co Concello para achegar o carril-bici ata o campus, á difusión de hábitos saudables como desprazarse en bicicleta, e a pór en valor a reciclaxe.