Protestas en Pontevedra e Vilagarcía contra os tratados de libre comercio
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O sindicato CIG convocou para o vindeiro sábado 15 de outubro concentracións nas principais cidades de Galicia para protestar contra os tratados de libre comercio que están a negociar a Unión Europea, Estados Unidos e Canadá.
As concentracións serán ás 12.00 horas. En Pontevedra desenvolverase na praza da Peregrina mentres que en Vilagarcía terá lugar na praza de Galicia. Estas protestas encádranse nunha xornada internacional de rexeitamento a estes tratados que, segundo alertan, serán de graves consecuencias para a economía, para o emprego e para a soberanía nacional.
Desde a central nacionalista sinalan que as máis beneficiadas destes acordos serán as grandes empresas transnacionais a través de fusións de áreas de mercado. Segundo denuncian, supoñerán unha maior regresión nos dereitos e condicións de vida da clase traballadora.
Alertan de que estes tratados levarán a unificar á baixa os salarios e os dereitos dos traballadores, a privatización da maioría de servizos públicos ou o emprego de trib unales privados de "protección aos investimentos" ao servizo das multinacionais.