Marín exime de licenza para limpar panteóns e tumbas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, publicou un bando sobre a limpeza e ornato nos cemiterios municipais, para a celebración do Día de Defuntos.
Os propietarios de edificacións mortuorias e terreos nos cemiterios municipais poden realizar as tarefas de limpeza e amaño ata o 1 de novembro, sen necesidade de obter licenza municipal nin de pagar as taxas correspondentes.
A visita ó recinto poderá realizarse, respectando as normas establecidas ó efecto, durante o horario de apertura habitual, que os días 31 e 1 verase ampliado de 8.00 a 20.00 horas.
NORMAS DE CONDUCTA
O bando tamén recorda que dentro dos cemiterios municipais os usuarios e visitantes "deberán manter en todo momento o respecto axeitado aos demais usuarios e visitantes así como ás características do recinto".