A plataforma da PO-504 pide a retirada da estrada das plataformas de formigón
Por Redacción
O alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, e a concelleira de Seguridade Cidadá, Vanessa Rodríguez Búa mantiveron este luns unha nova reunión cunha representación da Plataforma Veciñal da PO-504, que lles trasladou a súa preocupación polos problemas de seguridade que afectan a este viario, de titularidade autonómica.
A Consellería de Infraestruturas atendeu a petición formulada desde o Concello o pasado mes de febreiro de dotar ao viario dun paso de peóns fronte ao tanatorio, pero queda aínda pendente a eliminación dos elevados bordos que sustentan a sinalización deste viario, invandiéndolo na maioría dos casos.
Estas plataformas de formigón, que xa provocaron algún accidente mortal, resultan extremadamente perigosas para ciclistas e motoristas, polo que solicitan a súa eliminación, pasando a sinalización para estar sustentada noutros soportes que non entrañen risco algún para os condutores.
Ademais de trasladar de novo esta demanda ao goberno local, os portavoces da plataforma solicitaron por rexistro a mediación da edil de Seguridade, Vanessa Rodríguez Búa, ante a Consellería, lembrando no escrito o compromiso adquirido polo departamento autonómico de eliminar estas plataformas antes do verán.
E é que os veciños entenden que a substitución destas bases de formigón debería de erse producido no momento en que a Consellería procedeu ao asfaltado parcial desta estrada. Pero quedou pendente.
Vanessa Rodríguez Búa explicou aos asistentes á reunión que, de feito, estas propostas xa foron trasladadas tanto por escrito como nunha reunión persoal coa titular deste departamento, Ethel Vázquez, e agora reiterará esta petición ante o director provincial de Infraestruturas, Fausto Núñez Vilas.
No transcurso do encontro, a edil de Seguridade trasladou aos veciños o cambio de sentido que se aplicará a varios viarios que unen a PO-504 e outra estrada paralela. Tras a petición formulada por esta plataforma e a realización dos informes policiais pertinentes, Vanessa Rodríguez informou aos veciños de que nas próximas semanas procederá a atender a súa demanda.