Dolores Pan sobre o conflicto das obras do Pino: "No es un problema de fácil solución"
Por Redacción
Os afectados polo non pagamento das obras do Nó do Pino esgotan todos os recursos posibles para lograr unha solución á problemática na que lles deixou a empresa OBRAS CAMIÿOS Y ASFALTOS SA (OCA). No marco das xestións iniciadas para recuperar os fondos debidos reuníronse coa senadora do PP por Pontevedra Dolores Pan, á que previamente solicitaran a intermediación co Ministerio de Fomento para coñecer a situación real do contrato entre OCA e a Administración estatal.
A reunión desenvolveuse durante máis de hora e media na sede do PP local de Pontevedra coa presenza do voceiro municipal dos 'pontevedreses', Jacobo Moreira. Ao termo do encontro, a senadora explicou que "no es un problema de fácil solución".
Dolores Pan indicou que xa se reunira cos afectados o 29 de xaneiro e que naquel encontro lle pediran que trasmitiese ao Ministerio de Fomento a súa situación e fixese xestións para descubrir se o Goberno xa pagara as obras executadas por eles, como subcontratas de OCA, no Nó do Pino. A senadora descubriu que, efectivamente, todos os pagamentos das obras realizadas xa están feitos, de modo que Fomento non ten posibilidades de presión sobre a empresa para que pague os seus acredores.
A senadora pontevedresa tamén puido falar desta problemática persoalmente coa ministra de Fomento, Ana Pastor, e trasmitió aos afectados que "está muy preocupada con este tema" e que "tiene este asunto encia de la mesa y es muy sensible a él".
Segundo indicou Dores Pan, os afectados lle trasmitieron que OCA lles realizou unha proposta para saír da situación na que están, pero eles "no la aceptan, le hacen una propuesta con quita y no la ven oportuna", de odo que "le van a hacer otra propuesta" na que esixirán que cando a empresa ceda a unha terceira firma, a construtora SACYR, o contrato de execución da obra o faga cun acordo que lles garanta recuperar o seu diñeiro.
Os afectados tamén lle trasmitieron que "están preocupados y están buscando apoyos en administraciones y representantes políticos" e aínda que ela"no puedo hacer nada porque no está en mis manos" si que "comprende la desesperación de una empresa pequeña que se ve en una situación como esta con la enorme dificultad económica que les genera".