Os afectados do Nó do Pino mobilizaranse contra a adxudicación da obra a SACYR se non se fai cargo da débeda
Por Oskar Viéitez
As empresas afectadas polo impago das obras do No de O Pino informaron que segundo lles acaban de indicar responsables do Ministerio de Fomento, nos próximos días OBRAS CAMINOS Y ASFALTOS SA (OCA) procederá a unha cesión do contrato de execución de obra a favor dunha terceira empresa, "e todo apunta a que será SACYR a beneficiaria da cesión".
Pero estas subcontratas de OCA non están dispostas a permitir que entre na obra unha terceira empresa se previamente non se lles garante "ben por Fomento ben pola cesionaria, que se farán cargo da débeda".
Esta rotunda e firme formulación asúmena particularmente as empresas Áridos del Umia, Hierros Arosa, Excavaciones Justo Martínez Crespo, Maforba, Ogando Duran, Transportes Sartal, Demoliciones Zabar, Excavaciones y Transportes Feijoo Rodiño, e Peycar Pontevedra, entidades que anuncian mobilizacións para impedir a entrada na obra de calquera outra adxudicataria. A esta medida de presión anunciada polas empresas referenciadas posiblemente sumaranse o resto de subcontratas.
Por outra banda, asociacións veciñais e membros dos sindicatos CIG e CCOO xa mostraron a súa intención de unirse ás mobilizacións.
A formulación das afectadas é claro: "Mentres non se ofreza unha solución ao pago da súa débeda, non se permitirá a finalización da obra do No de O Pino". De ser cedida a obra a unha terceira empresa, "esta deberá asumir os incumplimientos de OCA coas subcontratas".
"Dado que xa se mantiveron reunións con outras empresas que si asumirían a finalización da obra e o compromiso de pago da maior parte da débeda coas subcontratas, difícilmente o Ministerio de Fomento poderá xustificar o visto bo a unha cesión que non contemple ese compromiso", aseguran.
Os afectados en xeral, os veciños da zona e sindicatos, advirten da súa oposición de non darse unha solución ás subcontratas.