Dúas persoas feridas en Marín ao encaixarse o seu coche cun enreixado
Por Redacción
Dúas persoas resultaron feridas nun accidente de circulación rexistrado este venres 22 de febreiro en Marín cun único vehículo implicado.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia, o sinistro produciuse ás 17.23 horas no lugar de Amoal e consistiu nunha saída de vía dun turismo que, tras apartarse da calzada, se encaixou cun enreixado.
Dous ocupantes do turismo resultaron feridos e tiveron que ser trasladados por unha ambulancia do 061 ao Hospital Montecelo de Pontevedra. Ao lugar tamén acudiron a Policía Local e Protección Civil de Marín e unha patrulla da Garda Civil de Tráfico.