Martes de entroido e San Martiño, festivos locais de Bueu en 2017
Por Redacción
O pleno municipal de Bueu, celebrado este luns, aprobou o calendario festivo local para o próximo ano 2017.
A corporación avalou a proposta da Xunta de Voceiros, tendo en conta que o día do Carme, festivo tradicional na vila, coincidirá nesta ocasión en domingo.
Desta forma aprobouse que os festivos locais en 2017 sexan o martes de entroido (28 de febreiro) e San Martiño (11 de novembro).
A orde do día do pleno municipal incluía debates sobre a morosidade do Concello no segundo trimestre do ano ou do IMD, ademais de varias resolucións de alcaldía.
Na quenda de rogos e preguntas os tres grupos da oposición (PP, PSOE e ACB-SON), presentaron unha moción para mellorar o acceso á información dos concelleiros, pero foi rexeitada polo grupo de goberno porque, segundo o alcalde, "non se puido elaborar aínda un borrador sobre o que avanzar o regulamento, debido á inxente cantidade de traballo nas oficinas municipais e aos propios ritmos do Concello".