Ultiman os proxectos dos campos de fútbol de Cerponzóns e Santa María de Xeve
Por Alejandro Espiño
Os novos campos de fútbol de herba sintética de Cerponzóns e Santa María de Xeve non correrán unicamente a conta do Concello. Ambas as infraestruturas deportivas financiaranse en colaboración coa Deputación de Pontevedra.
O portavoz do goberno local, Raimundo González, explicou que ambos os proxectos sairán a licitación moi pronto, xa que os técnicos municipais están a rematar os pregos do contrato. Paralelamente, chegouse a un acordo coa institución provincial para asumir o custo destes traballos.
Así, dos 2 millóns de euros que se investirán en ambos os campos de fútbol a Deputación asumirá o 80% -1,6 millóns de euros- e o Concello o 20% restante -400.000 euros-. Ademais, o goberno municipal asume a redacción dos proxectos.
En concreto, o campo de fútbol de Chan do Monte (Cerponzóns) terá un custo de 1.028.000 euros; mentres que no de Gatomorto (Santa María de Xeve) investiranse 971.500 euros.
Ambos os campos de fútbol teñen as mesmas características cun terreo de xogo de 105x63 metros, catro vestiarios para xogadores, dous para árbitros, unha enfermería, almacéns, cantina e aseos. Ademais, en cada un deles melloraranse os accesos e a contorna e está prevista a instalación de bancadas e novas prazas de aparcadoiro.
Raimundo González avanzou que ambos os dous campos terán un "uso intensivo" por parte dos clubs, ao estar habilitados tanto para fútbol 11 como para fútbol 7, e terán todas as características necesarias para que as instalacións sexan homologadas pola FIFA.
Relacionadas:
-
COVSA construirá o campo de fútbol de Gatomorto
Por Alejandro Espiño |
-
Prevista a pavimentación dos aparcadoiros do Pazo da Cultura e da Policía Local
Por Anxo Lourido |
-
Sacan a licitación a construción do novo campo de futbol de Xeve
Por Redacción |
-
O PP ve "pouco ambicioso" o campo de fútbol de Cerponzóns e denuncia o seu atraso
Por Redacción |
-
Cerponzóns agarda ter novo campo de fútbol de herba sintética antes de fin de ano
Por Redacción |
-
Lores e Carmela Silva asinan o convenio para os campos de fútbol en Xeve e Cerponzóns
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O novo campo de fútbol de Xeve, pensado para ter un "uso continuo"
Por Diego Espiño |
-
Un campo de fútbol "social e economicamente rendible" para Cerponzóns
Por Diego Espiño |