Unha decena de ex drogodependentes vendimarán no Pazo Baión
Por Redacción
Este martes iniciásense os labores de vendima en Pazo Baión, tras os controis de maduración da uva, o equipo técnico decidiu comezar o martes os labores de vendima, xa que a uva presenta un perfecto equilibrio e unha excelente calidade, estando no punto óptimo para a súa colleita.
As previsións para esta vendima son dunha colleita significativamente inferior pero dunha calidade excelente.
Nos labores de vendima participasen unhas 60 persoas, das cales unha decena forman parte do programa de reinserción socio laboral, que a adega Condes de Albarei vén desenvolvendo en Pazo Baión desde a súa compra no ano 2008, a selección destes traballadores fíxose de común acordo coa Consellería de Sanidade. Para iso utilizáronse criterios totalmente obxectivos como a evolución e estabilidade no seu tratamento e a súa adecuación aos requisitos que supón o posto de traballo. Non ser consumidores de drogas en activo era condición sine qua non para ser candidato a esta oferta.
Ademais, a adega doa anualmente o cinco por cento da facturación anual de Pazo Baión a programas de prevención e atención a drogodependentes.
Nas Rías Baixas a vendima comezou, oficialmente, durante a pasada semana nas subzonas do sur. No Salnés a recollida da uva desenvolverase de maneira graduada durante esta semana, segundo informou o consello regulador.
Non hai présa, pois a previsión meteorolóxica é boa.