Atopan un cadaver flotando na auga no Paseo de Lordelo, no Grove
Por Redacción
Voluntarios de Protección Civil do Grove sacaron da auga este sábado un home que apareceu flotando no Paseo de Lordelo.
Un veciño que se atopaba pola zona foi o que viu o corpo cara as 17:00 horas e avisou aos servizos de emerxencia.
O corpo atopábase nunha zona de pouco calado, polo que enseguida puideron sacalo da auga. Segundo informa o 112 en terra esperaba un equipo de Urxencias Medicas, pero a pesar dos intentos en reanimalo só puideron certificar a súa morte.
Tratábase dun home de avanzada idade, veciño da zona, que saía a camiñar habitualmente polo Paseo de Lordelo.
Ademais da os efectivos de emerxencia, o persoal do 112 mobilizou a axentes da Policía Local e da Garda Civil.