Unha festa para celebrar que comezou o curso escolar
Por Cristina Saiz & Redacción
Cumprindo puntualmente coa súa cita cos máis pequenos, o Centro Comercial Zona Monumental organizou unha nova edición da súa gran festa infantil para celebrar o comezo do curso escolar.
Celebrouse este venres 16 de setembro, en horario de 16:30 a 20:30 horas.
Como en anos anteriores, situáronse inchables repartidos polas diferentes zonas emblemáticas da zona monumental e, como novidade, este ano na rúa Serra o Club de Waterpolo Pontevedra organizou unha actividade de 'Waterpolo na Rúa' na que sacaron este deporte á rúa con xogos e unha pista portátil en busca de novos socios para o club.
Ademais, houbo actividades nas seguintes prazas:
Praza Curros Enríquez: rocódromo e xogos tradicionais
Praza Méndez Núñez: ludoteca, taller, inchable 'saloon de vaqueiros' e contacontos
Praza Valentín García Escudeiro: inchable 'crocodilo' e ' touro mecánico'
Rúa Serra: pumptrack e xogos de puntería
E para finalizar haberá a tradicional festa da escuma, ás 19 horas na Praza da Pedreira (Mugartegui) coa participación dun DJ.
As catro horas de diversión foron organizadas por Zona Monumental, pero contaron coa colaboración do Club Waterpolo Pontevedra, o Concello e a Xunta.