O aparcadoiro de Nauta facturou en agosto os 134.631 euros
Por Redacción
O aparcadoiro situado baixo a praza do Mar, xestionado pola empresa pública Nauta Sanxenxo, mantivo este mes a súa facturación en cantidades moi similares ás de agosto do ano pasado, a pesar de que a rotación de tickets foi inferior, xa que durante as fins de semana a estancia dos vehículos era da xornada completa.
Jesús Sueiro, vicepresidente de Nauta, confirmou que a recadación en agosto ascendeu a 134.631,15 euros obtidos a través de 33.869 tickets de accesos ao parking.
O feito de que o mes de agosto comezase en luns e finalizado tamén en días de semana non beneficiou a facturación de Nauta, xa que o informe diario reflicte que tanto os dous primeiros días como os tres últimos do mes foron os baixos en canto a ocupación.
As xornadas de maior afluencia, e de maior facturación para o parking público coinciden coa do sábado 6 de agosto e a ponte festiva, desde o xoves 11 ata o luns 15 de agosto.
Durante o mes de agosto alcanzou o 100% case todos os días entre as 12 e as 2 da madrugada
Outro dato destacable é que a ocupación do parking durante o mes de agosto alcanzou o 100% case todos os días entre as 12 e as 2 da madrugada, excepto a última semana, na que o cartel de completo colgouse a media tarde.
Jesús Sueiro lembrou que ao estacionamento súmanse outras prestacións como o guindastre, limpeza con máquina a presión e estancia no varadero ou a venda de 98.104,29 litros de gasoil e gasolina "que tamén deixan beneficios a Nauta Sanxenxo". En canto aos consumos, do mesmo xeito que ocorre cos datos das atracadas, o bo tempo do mes de agosto favoreceu que os datos de vendas de combustible nese período de tempo rexistrasen un incremento moi destacado e moi superior ao de anos anteriores.