García Legísima convoca á Policía Local para tratar o conflito aberto
Por Mónica Patxot
Ao redor de cincuenta axentes da Policía Local concentráronse ante as portas do Concello de Pontevedra durante a mañá deste luns dentro das protestas convocadas pola asemblea destes funcionarios municipais.
Os axentes, con camisetas azuis, despregaron unha pancarta e colocáronse en fila ao longo dun tramo da rúa Michelena. Insisten en que queren establecer unha negociación co goberno local para que lles equiparen os soldos aos doutros funcionarios do Concello.
O concelleiro responsable da área de persoal, Vicente García Legísima, convocou aos representantes dos traballadores para este martes 13. Fontes sindicais apuntan que será unha nova toma de contacto pero que non se abrirá aínda a negociación. Entre tanto, a asemblea de axentes ten decidido, se non se produce un achegamento, levar a cabo outras dúas concentracións ao longo deste mes de setembro.
Os representantes sindicais tamén avisan da posibilidade de que os actos de protesta resulten máis contundentes se o goberno local non acomete a mellora salarial que están a reclamar.
Relacionadas:
-
Os representantes sindicais da Policía Local citan os grupos da oposición para tratar o seu conflito laboral
Por Redacción |
-
A Policía Local reclama 150 euros mensuais para equipararse aos funcionarios da súa categoría
Por Anxo Lourido |
-
Os policías locais piden que na Feira Franca se permita aparcar sen límite de tempo na carga e descarga
Por Redacción |
-
Axentes da Policía Local asisten ao pleno para reclamar unha mellora salarial e laboral
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |