A seca obriga a restrinxir o consumo de auga en Cuntis
Por Redacción
O Concello de Cuntis acaba de anunciar a restrición no consumo de auga.
O alcalde, Manuel Campos, nun bando emitido este luns 12 "roga aos veciños e ás empresas e negocios" que fagan un uso "eficiente e racional" da auga "debido á escaseza de auga motivada pola falta de choivas destes últimos meses".
No bando infórmase que estas restricións prolongaranse "mentres dure a seca".
Ademais o bando do Concello de Cuntis alerta que "se poderán producir determinados cortes puntuais durante a noite neste servizo".