Buscan os propietarios de leiras no último tramo da senda litoral entre Campelo e A Seca
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A primeira tenente de alcalde e concelleira de Obras de Poio, Chelo Besada, solicita ás persoas que teñan propiedades no último tramo da senda litoral que unirá Campelo coa Seca que se poñan en contacto co Concello coa fin de poder impulsar esta actuación.
Segundo indica, hai parcelas afectadas pola futura senda que non aparecen no catastro, de modo que non teñen outra forma de identificar os propietarios que se eles mesmos se presentan no Concello.
A primeira fase da senda, a que vai desde a praia de Campelo ata a Ostreira, xa está terminada e os traballos correspondentes á segunda e terceira fase do proxecto está previsto que se inicien leste mesmo ano 2016, pero para poder facelo é necesario que o Concello de Poio poña os terreos a disposición da Dirección Xeral de Costas do Estado.
Costas é a administración que executará a obra e, para poder cumpir co requisito, o Concello continúa recollendo firmas para a cesión dos terreos correspondentes, segundo informou a concelleira socialista.
Besada tamén indicou que acaba de ser adxudicada a obra do proxecto de urbanización e mellora da accesbilidad do conxunto Ruada de Combarro. Executaraa a empresa ACEVI por un importe de 34.950 euros e dará comezo nos próximos días.
Tamén acaba de ser adxudicada por 57.323,39 euros a obra de pavimentación e reposición de servizos en Camiño de Pomar e Teinogueira, na parroquia de Samieira. A empresa Narón comezará nos próximos días os traballos.