Dúas persoas resultan feridas nun accidente en Sanxenxo
Por Redacción
Un vehículo envorcaba esta noite en Sanxenxo, co resultado de dúas persoas feridas no impacto. O sinistro rexistrábase nunha curva próxima á saída da AG-41.
O 112 Galicia tiña constancia do accidente minutos antes das 0.00 da madrugada deste xoves 8. Efectivos do GES de Sanxenxo e da Garda Civil de Tráfico foron alertados e achegáronse ata o lugar onde se rexistrou o accidente, a través do aviso do servizo do 112 Galicia.
Os Bombeiros do Salnés tamén foron avisados pero non participaron no operativo. Os efectivos sanitarios levaron a cabo o traslado en ambulancia ás dúas persoas feridas ata un centro sanitario.