Descenden as temperaturas nas Rías Baixas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/5ea/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/57cfad3684-20160906-patxot-calor-083.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/8ad/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/57cfad9a0e-20160906-patxot-calor-002.jpg)
© Mónica Patxot
As Rías Baixas continuarán este mércores 7 baixo a influencia das altas presións. Con todo, segundo avance a xornada irase retirando o aire cálido a medida que se vai achegando unha fronte moi débil durante a noite. Haberá unha entrada de brétemas costeiras polas Rías Baixas, con posibilidade de choivas débiles en todo o litoral atlántico, estendéndose cara ao interior, de forma ocasional pola noite. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente e por iso a madrugada resultará moi cálida, mentres que as máximas descenderán de maneira moderada ou notable, pasando dos 35 graos rexistrados durante o martes a 26 graos. Os ventos soprarán frouxos do sur, que irán virando a compoñente oeste, segundo as previsións do Servizo de Meteogalicia.
Durante a xornada do xoves 8 recupérase a influencia anticilónica sobre Galicia aínda que con réxime de ventos moi frouxos de compoñente oeste. As temperaturas sufrirán un descenso, moderado en xeral situándose entre os 14 e os 26 graos con ceo pouco nubrados ou despexados.
A partir do venres debilítase a influencia anticiclónica e comezará a entrar unha borrasca que se move polo Atlántico norte. Rexistraranse nubes no litoral atlántico pero non se esperan precipitacións. As temperaturas manteranse igual e os ventos soprarán frouxos de dirección variable.
E durante a fin de semana, vai entrar aire frío nas capas altas da atmosfera coa entrada de baixas presións polo Atlántico. O sábado agárdase un incremento de nubes coa posibilidade dalgunha precipitación na franxa costeira, unha tendencia que se manterá ao longo da seguinte semana.