Buscan un mozo como suposto ladrón dun roubo nunha xoiaría en Benito Corbal
Por Natalia Puga
A Policía Nacional investiga o roubo producido este luns nunha xoiería situada no tramo peonil da rúa Benito Corbal xusto antes da praza de Ourense, Joya 36. Por estes feitos búscase un mozo duns 30 anos como presunto ladrón, pero ata o momento a procura resultou sen éxito.
No momento do roubo había no interior da xoiería dúas empregadas, unha ordenando unhas bandexas de xoias na tenda e outra na parte traseira. Descoñécense máis detalles sobre o sucedido, pero si que o suposto ladrón entrou no establecemento e levou ao descoido varias bandexas de aneis e pulseiras.
A actuación do suposto ladrón estaría cualificada como un furto, posto que non hai constancia de que se producira unha acción violenta, senón que aproveitou un descoido das empregadas.
Tras fuxir, as traballadoras alertaron á Policía Nacioanal do ocorrido e estableceuse un dispositivo de procura que se centrou de forma evidente na praza da Verdura, onde os viandantes viron a presenza de varios coches policiais.
Na xoiería afectada rexeitan achegar máis detalles do ocorrido a PontevedraViva, tanto neste establecemento como na súa central da Coruña.