Dúas persoas de avanzada idade, feridas nun dobre atropelo en Portonovo
Por Redacción
Dúas persoas de avanzada idade resultaron feridas na tarde deste luns tras ser atropeladas en Sanxenxo.
Segundo a información do Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, os feitos producíronse na rúa Canelas de Portonovo sobre as 18.20 horas deste luns.
Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar do acontecido. O persoal do centro de coordinación informou dos feitos a Urxencias Médicas de Galicia e aos Bombeiros do Salnés.
O dobre atropelo tamén foi posto en coñecemento do GES de Sanxenxo, da Garda Civil de Tráfico e da Axencia Galega de Infraestruturas.