O Fútbol 7 mixto, rei das Noites Abertas 2016
Por Redacción
Un total de 6.025 mozos formaron parte da edición deste ano de Noites Abertas na que tamén participaron 175 monitores, 43 colectivos e utilizáronse 16 espazos diferentes.
O concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez, realizou o balance de Noites Abertas afirmando que se trata dun proxecto en constante evolución e no que ten un peso capital a avaliación de resultados para mellorar para próximas edicións.
Nesta edición púxose en marcha unha comisión de igualdade co obxectivo de evitar formulacións e condutas sexistas no desenvolvemento de actividades, incorporáronse voluntarios dentro do programa de Voluntariado Europeo Erasmus+ e ampliouse o número de actividades ao aire libre.
A memoria anual enviarase ao Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade, que cofinancia este proxecto co Concello de Pontevedra. O Foro das Noites Abertas xa está a traballar na organización do programa da próxima tempada, que se iniciará no último fin de semana de xaneiro.
O Fútbol 7 mixto foi a actividade con máis participación acadando as 455 persoas, seguido polas VI Xornadas de Manga e Anime, polo fútbol sala mixto e polo tenis de mesa. A proposta con menos aceptación foi a de compoñer unha canción, que só contou cun participante