O BNG propón un novo uso para a Casa do Mar: centro de mocidade e servizos sociais
Por Redacción
O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego pedirá ao goberno local que inicie as xestións co Instituto Social da Mariña para que permita que a Casa do Mar pase a ser de xestión municipal.
A petición nacionalista, articulada nunha moción que se debaterá no próximo pleno do Concello marinense, vai máis aló e propón que se utilicen estas instalacións como casa da mocidade e centro de atención de servizos sociais, acollendo a Escola de Música unha vez que a Xunta confirmou a apertura do novo ambulatorio.
APERTURA EN SETEMBRO
Este mesmo xoves a Xunta de Galicia confirmou que as instalacións do novo ambulatorio abrirán as súas portas este mes de agosto, deixando sen uso a Casa do Mar.
Directivos da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés visitaron este xoves o novo centro de saúde da vila, acompañados por profesionais de diversas áreas que revisaron todas os sectores e infraestruturas.