A hospedería do Mosteiro de Poio acolle a 450 policías motoristas
Por Redacción
A hospedería do Mosteiro de Poio acolle ata o domingo un total de 450 membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado na V Concentración Internacional de Policías Motoristas.
O alcalde de Poio, Luciano Sobral, brindou este xoves un recepción aos visitantes.
No programa de actividades previstas para este venres atópase unha caravana moteira con paradas en Combarro, Sanxenxo, Portonovo, O Grove e Ribadumia, onde visitarán unha adega.
Esta visita prolonga a boa serie que vive o sector turístico no municipio de Poio, cuxos hoteis lograron unha ocupación do 96,5% en agosto.
O Concello destaca que non se alcanzaban estas cifras desde hai seis anos.
Nove mil persoas pasaron polas oficinas de turismo, sendo Madrid uno dos puntos que máis visitantes achega ao municipio, concretamente o 25,30%. Séguelle Andalucía (cun 14,25%), País Vasco (cun 12,96%), Cataluña (cun 11,23%) e Castela e León (cun 9,45%).