Unha helisuperficie para mellorar o traslado de doentes ao Hospital do Salnés
Por Redacción
Cun simulacro iniciouse a posta en funcionamento dunha helisuperficie en Baión, Vilanova de Arousa, que permitirá realizar traslados aéreos de pacientes ao Hospital do Salnés, ademais de traslados de pacientes deste centro a outros de referencia situados noutros puntos de Galicia. Con esta dotación mellórase a amplitude da superficie para o despegamento e aterraxe da aeronave sanitaria e as súas características técnicas mellorará a seguridade, visibilidade e accesibilidade dos traslados en helicóptero medicalizado.
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, realizou unha visita a Arousa para coñecer esta nova infraestrutura e as dependencias do novo servizo de Urxencias do Hospital do Salnés, que xa presta servizo na comarca desde o mes de xuño.
Estes espazos duplican a capacidade de triaje, observación e atención aos pacientes, ademais de dispoñer dunha zona específica de urxencias pediátricas.
O conselleiro de Sanidade aproveitaba esta visita técnica para supervisar o fin do bloque cirúrxico, que dotará en breve o centro arousán de cinco quirófanos, unha área de Cirurxía Maior Ambulatoria e unha unidade de coidados poscirúrxicos, con nove camas de despertar, nove postos de cadeiras de brazos de reintegración ao medio e dous boxes de illados e coidados postanestesia. Tamén inclúe uun novo Hospital de Día con 10 boxes.