A Festa da Filloa celébrase en Valongo con motivo dos actos da Virxe do Libramento
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A parroquia de Valongo en Cotobade celebrará esta fin de semana a festa da Virxe do Libramento, na que se inclúe a 38 edición do concurso da Filloa.
Os actos iniciaranse o venres 2 a partir das 20.00 horas cunha gran churrascada e rosca. A cea estará amenizada pola orquestra A Noite e, a continuación, a través da discoteca móbil A Mega.
O sábado, a xornada arrincará cun pasacalles a cargo de Os Afoutes do Canón de Pau, que darán paso a partir das 13.30 horas á misa solemne. Durante a tarde, ás 18.00 horas iniciarase a 38 edición do concurso de filloas, un dos máis famosos de Galicia. O certame amenizarase coa música da charanga Charandonga e polo Mago Paco. A xornada concluirá coas formacións Miramar e Triunfo.
Xa o domingo 4 será a xornada de clausura e primarán as tradicións ao redor da Virxe do Libramento. O programa festivo comezará co pasacalles de man de Os Trazantes de Tenorio e continuará, desde as 13.30 horas, coa misa solemne na que participará o Coro de Santiago de Viascón.