Medio Ambiente investirá 120.000 euros en beirarrúas na contorna da igrexa de San Pedro de Tenorio
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investirá máis de 120.000 euros nas obras de pavimentación e formación de beirarrúas na contorna da igrexa de San Pedro Tenorio, no Concello de Cotobade. Así se recolle no convenio que ratificaron este xoves a titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Jorge Cubela.
A conselleira destacou que este tipo de actuacións nos equipamentos urbanos municipais dotan aos concellos duns espazos nos que poder poñer en marcha unha oferta de actividades de ocio, zonas recreativas e culturais, co fin de mellorar a calidade vida dos seus cidadáns e do público en xeral.
Beatriz Mato trasladoulle ao alcalde que coa sinatura do convenio a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo xa pode iniciar a tramitación da licitación destas obras que permitirán poñer en valor esta zona.
Esta actuación inscríbese no Plan Hurbe, posto en marcha en 2010 polo goberno galego.