O Concello de Sanxenxo substitúe a obsoleta carpintería exterior do colexio Telleiro
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Concellería de Educación do Concello de Sanxenxo apura estes días as obras para acometer este verán no CEIP Telleiro no que, coa substitución da carpintería interior. Trátase dun centro escolar no que as xanelas son moi antigas e non illan o suficiente, polo que este verán iniciouse unha primeira fase de substitución das mesmas coa colocación de oito xanelas de follas con caixón de PVC e persianas de aluminio inxectado en dúas aulas da planta baixa.
A proximidade coa Lanzada acelerou a deterioración destas xanelas, que ao non illar correctamente provocaban un incremento o gasto de calefacción.
"Cambiamos tamén as persianas para conseguir un aillamento óptimo e que os rapaces poidan recibir clase nas mellores condicións posibles", explica Sandra Fernández Agrazo, edil de Educación.
O orzamento desta actuación supera os 7.000 euros, dos que 3.235,80 son asumidos directamente pola Concellería de Educación e 4.000 foron xestionados pola dirección do centro coa Consellería.
Ademais, a brigada municipal de Servizos acomete obras de reparación de gretas nas paredes exteriores e nos vierteaguas así como o arranxo da filtración de auga no corredor da planta alta.
Ademais, no CEIP Telleiro están a substituírse as portas correderas dos armarios encaixados en dúas aulas de primaria, cun custo para a Concellería de Educación próximo aos 1.000 euros.