Excarceran unha muller en Xeve atrapada nun vehículo "sen carné"
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os bombeiros do Parque de Pontevedra tiveron que excarcerar unha muller que se quedou atrapada no interior do vehículo "sen carné" no que viaxaba no lugar de Gatomorto, na parroquia pontevedresa de Xeve.
Un particular alertou ao servizo de Emerxencias do 112 ao redor da medianoite deste domingo 21, avisando de que había unha persoa atrapada no interior do turismo accidentado. Ata o lugar desprazáronse Urxencias Médicas e os Bombeiros. Ademais requiriuse a intervención da Policía Local e de Protección Civil.
A muller impactou contra varias sinales pero o seu estado non revistía gravidade e unha vez excarcerada do vehículo foi trasladada a un centro hospitalario para comprobar o seu estado de saúde.
ACCIDENTE EN POIO
Ás 21.00 horas tamén se rexistraba outro accidente con dous feridos en Raxó, no punto quilométrico 9 da estrada PO-308, en Poio. Segundo informa o 112 Galicia, un turismo e unha moto impactaban cando circulaban por esta vía.
Segundo a persoa que chamou ao servizo de Emerxencias, un dos feridos parecía revestir lesións graves. Avisouse a Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico e aos membros do GES de Sanxenxo, ademais de Protección Civil de Poio. O persoal do servizo de mantemento de estradas tamén foi informado do suceso para solicitar a súa intervención.