![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/689/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/57b72ee4d5-deputacion-font-alcalde-vilanova-00.jpg)
© Deputación de Pontevedra
Acordo entre a Deputación e o Concello de Vilanova para rematar o auditorio de Esteiro
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O deputado provincial Carlos López Font e o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, mantiveron un encontro este venres 19 para resolver a situación na que se atopa o proxecto de creación do auditorio de Esteiro.
As obras deste auditorio atopábanse paralizadas debido aos problemas técnicos, que xa se resolveron. A Deputación comprometeuse a realizar un novo convenio no que a redacción e a execución das obras serán contratadas directamente polo Concello de Vilanova de Arousa.
Os técnicos da institución provincial redactarán un novo convenio, dado que o anterior tiña vixencia ata o 31 de agosto. Está previsto que ese novo acordo se asine a mediados de setembro e as previsións do concello establecen que nun prazo de 8 meses finalicen as obras.