Tres feridos nun accidente entre dous turismos en Marcón
Por Redacción
Tres persoas resultaron feridas ao impactar dous turismos que circulaban á altura da parroquia pontevedresa de Marcón este mércores 17.
Un dos implicados no suceso alertou, ao redor das 15.30 horas, ao servizo de Emerxencias do 112 Galicia para solicitar asistencia.
Ata o lugar desprazáronse unidades de Urxencias Médicas, os axentes de Tráfico e da Policía Local. Os bombeiros e os efectivos de Protección Civil tamén foron informados do accidente por se era necesaria a súa intervención.