Identifican tres rapaces por causar desfeitas nun cámping de Portonovo
Por Redacción
A Policía Local de Sanxenxo identificou a tres rapaces, todos deles de municipio da provincia da Coruña, por causar desordes nun cámping de Portonovo.
Concretamente acúsaselles de tentar entrar pola forza no establecemento, o pasado venres 13 de agosto.
Segundo o relato dos axentes, os mozos entraron no establecemento, no que non estaban rexistrados nin eran clientes, rompendo unha porta e ameazando a varias persoas, entre elas a algunhas que lles recriminaron a súa actitude.
Ademais a Policía Local interveu en diferentes incidentes rexistrados durante a ponte festiva no municipio, como unha discusión entre dúas mulleres en Sanxenxo ou varios accidentes de tráfico sen feridos, como o ocorrido na rúa Progreso que ocasionou danos por valor de 1.800 euros no mobiliario urbano. O condutor do vehículo accidentado deu positivo por alcoholemia.
Por outra banda o operativo especial de seguridade denunciou dous locais de lecer nocturno por exceder o horario de peche autorizado.