Ferido un ciclista no choque cun turismo na avenida de Bos Aires
Por Redacción
Un ciclista resultou ferido ao mediodía deste sábado nun accidente de circulación no que tamén se viu implicado un turismo na avenida de Bos Aires de Pontevedra.
Segundo a información facilitada polo Centro de Atención ás Emerxencias do 112, un particular alertou do sucedido arredor das 14.00 horas. Relatou que un vehículo freou e o ciclista acabou batendo contra el e resultou ferido.
O persoal do 112 alertou a Urxencias Médicas de Galicia, os Bombeiros de Pontevedra, a Policía Local e Protección Civil e ata o lugar desprazouse unha ambulancia do 061 que trasladou ao ciclista ferido a un centro sanitario.