O PP pedirá no Pleno que se arranxe o aparcadoiro público de Monte Porreiro
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O grupo municipal do Partido Popular presentou unha moción para o seu debate no próximo pleno da corporación na que solicita o arranxo do aparcadoiro público de Monte Porreiro.
Refírense os populares á zona de estacionamento que se atopa entre as rúas Grecia e Francia e que "a pesar do paso do tempo nunca recibiu mantemento", asegura María José Rodríguez Teso.
"As dificultades para acceder, sumados ás numerosas fochancas, están a provocar numerosos problemas aos usuarios que cada día teñen que facer uso deste aparcadoiro", sinala a concelleira popular.
Ademais de adecuar a zona de estacionamento solicitan ao goberno local que dispoña a sinalización necesaria, á vez que lamentan "o abandono constante por parte dos nacionalistas cos veciños de Monte Porreiro", declarou Rodríguez Teso.