Pontevedra, a segunda provincia máis cara para encher o depósito do coche
Por Redacción
A pesar da baixada de prezos dos últimos meses, encher o noso coche nas gasolineiras e estacións de servizo da provincia de Pontevedra segue sendo máis caro que en gran parte do territorio nacional.
Así o acredita o informe mensual dos prezos dos carburantes elaborado polo Ministerio de Industria. Pontevedra é a segunda provincia española co prezo medio máis alto. Só supéralle Baleares.
Así, durante o mes de xuño -o último do que existen datos- a gasolina en Pontevedra custa unha media de 1,22 euros por litro e o gasóleo, 1,09 euros.
A situación tampouco é mellor no resto das provincias galegas, todas elas entre o seis máis caras do territorio nacional. Na Coruña, Lugo e Ourense, o prezo medio da gasolina chega aos 1,21 euros por litro, mentres que o gasóleo véndese a 1,08 euros o litro.
Ao outro da balanza sitúanse as provincias de Soria e Salamanca, que teñen os carburantes máis baratos de España cun prezo de 1,13 e 1,14 euros o litro de gasolina e de 1,01 e 1,02 euros o de diesel, respectivamente.