Posta a punto dos farois da cidade para as Festas da Peregrina
Por Redacción
O Concello de Pontevedra encargou á empresa Setga a limpeza de todos os farois da zona centro da cidade para que luzan perfectas de cara ás festas grandes: A Peregrina.
Os traballos comezaron este venres e consisten na retirada de todas as pegatinas e papeis pegados nos báculos dos farois e o repintado daquelas que estean máis deterioradas.
Estanse a limpar os farois das rúas máis céntricas da cidade e empezouse pola rúa Riestra.
A previsión é que esta actuación remate ao longo da vindeira semana.
Ademais, operarios municipais tamén está a repoñer as lámpadas de diferentes puntos de luz da cidade. Durante a mañá do venres estivérono a facer no ámbito da Alameda.