Ferido un menor tras caer dunha árbore na Alameda
Por Oskar Viéitez
Un neno de 12 anos de idade resultou ferido tras caer dunha árbore. Sucedeu este ventes contra a unha da tarde.
O pequeno atopábase xogando cuns amigos cando subiu ao alto do magnolio situado nos xardíns da Deputación, no lateral máis próximo ao Instituto Valle Inclán.
Cando trepaba por unha das ramas desta árbore de gran porte perdeu o equilibiro precipitándose ao chan desde unha altura de máis de dous metros.
O neno caeu de costas golpeándose contra o banco de madeira que rodea a árbore.
Varias persoas que se atopaban nas inmediacións acudiron en auxilio do menor, chamando por teléfono ao 112 e á nai do neno.
Unha ambulancia medicalizada acudiu ao pouco tempo comprobando os servizos sanitarios que o neno estaba consciente e mantiña a mobilidade nas pernas, antes de proceder ao seu traslado.