Máis de 6.000 espectadores entréganse ao concerto de Cadena Dial en Sanxenxo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/9b1/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5790fb6aaf-img_1925.jpg)
© Concello de Sanxenxo
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/ece/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5790fb57ad-img_1651.jpg)
© Concello de Sanxenxo
O primeiro concerto do verán en Sanxenxo pechouse cun balance de éxito. Trátase do realizado este mércores 20 en Baltar, o primeiro da xira que Cadena Dial realizará por todo o territorio estatal, e acolleu a máis de 6.000 persoas.
A Concellería de Cultura destaca o excelente comportamento tanto do numeroso público como dos protagonistas do evento musical, Critika e Saik, DMEI, Eva Ruiz, Maverick, Lerica, Naela e Xriz. En canto aos artistas, destacan que converteron o concerto nunha gran festa cos seus fans, accedendo a fotografarse con elas e asinando autógrafos.
Xa nos ensaios previos á actuación había mozas gardando sitio para poder presenciar o concerto, atraídos pola presenza na vila dos seus ídolos musicais.
Foron os mesmos fans que se revolucionaron cando Xriz subiu ao escenario, facéndolles saltar e cantar con el, pedíndolles ademais que acendesen as pantallas dos seus móbiles.
Este concerto foi o primeiro evento multitudinario deste verán, enmarcado nun programa que busca por unha banda dinamizar a actividade en Portonovo e por outro ofertar unha programación de lecer familiar. Desde o goberno local lamentan que Portos de Galicia non autorizase a realización deste concerto na zona portuaria de Portonovo, xa que a repercusión na hostalería local fose maior.