Unha muller ferida grave tras ser atacada por un can en Juan Bautista Andrade
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O ataque dun can provocou graves feridas a unha muller pontevedresa. O suceso tivo lugar na tarde do mércores na rúa Juan Bautista Andrade, segundo informa o 112 Galicia.
Foi a propia vítima a que contactou cos servizos de emerxencia. Na súa chamada explicou que un can mordéralle nun brazo e en diferentes partes do corpo.
Un veciño da zona foi a primeira persoa en axudar á muller. El mesmo certificou o sucedido e describiu ao persoal do 112 Galicia que o brazo estaba moi danado tras o ataque.
Desde a central galega de emerxencias mobilizouse unha unidade do 061 que ofreceu á muller unha asistencia sanitaria de urxencia.
Os feitos tamén foron postos en coñecemento da Policía Local de Pontevedra.