A Piolla e Casalnovo (Lérez), unidos por unha pista renovada
Por Redacción
Dous lugares da parroquia de Lérez, A Piolla e Casalnovo, contan desde este martes cunha pista totalmente renovada como estrada de unión entre ambos.
Trátase dunha vía moi frecuentada polos residentes nestes dous núcleos da parroquia xa que conecta co centro escolar. A vía ampliouse co retranqueo dun muro particular, asfaltando e tratando a recollida de augas pluviais.
A obra, apunta o goberno municipal, tivo un custe de 177.651,15 euros.
Os veciños, que acompañaron ao alcalde na visita á zona tras o remate dos traballos, amosáronse moi satisfeitos polo resultado da obra, que se completou co asfaltado doutra pequena vía de comunicación na zona que aínda estaba en terra.
Ao remate da visita, os participantes tomaron un pinchos ofrecidos polos veciños de ambos lugares.