José Solla Sobral, o novo centenario de Verducido
Por Redacción
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira delegada da parroquia de Verducido, Pilar Comesaña visitaron este venres a José Solla Sobral na súa casa de Verducido con motivo do seu 100 aniversario.
Alí puideron comprobar o seu bo estado de saúde, e desexáronlle que pase un bo verán.
A familia gozou dunha festa privada moi animada.