Un motorista resulta ferido nun accidente en Ribadumia
Por Redacción
Un motorista sufriu feridas de distinta consideración ao saírse a motocicleta que pilotaba da estrada. O accidente producíase arredor das 18:15 desta tarde no concello de Ribadumia á altura de Barrantes e as causas aínda non se puideron determinar porque non se viu implicado ningún outro vehículo, según se informaba desde el servicio de emergencias del 112.
Ata o lugar trasladouse unha ambulancia de Urxencias Médicas, Protección civil de Ribadumia e a Garda Civil.