Fomento restitúe o servizo do apeadeiro do tren no campus de Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O apeadeiro de RENFE o campus de Pontevedra quedará restituído a partir deste sábado 16 de febreiro. O Ministerio de Fomento porá de novo en marcha este servizo tras pechalo temporalmente o pasado mes de novembro para executar unha das novas vías do Eixo Atlántico entre Pontevedra e Cerponzóns. O primeiro tren Santiago-Vigo efectuará a súa parada ás 6:43 horas.
En concreto, este peche temporal realizouse para renovar de forma completa o andén, así como para executar unha nova vía do Eixo Atlántico desde a saída norte da estación de Pontevedra ata a trincheira de Monteporreiro, cunha lonxitude de 1,9 quilómetros, que tamén se porá en servizo o próximo 16 de febreiro.
Eixo Atlántico Pontevedra-Cerponzóns
O tramo Pontevedra e Cerponzóns do Eixo Atlántico, cunha lonxitude de 6,7 quilómetros, inclúe a construción dunha dobre vía ferroviaria que aproveita a plataforma existente de vía única, executando unha nova vía paralela á existente. Unha vez posta en servizo a nova vía, procederase á renovación da vía actual.