Cuntis solicita a catalogación en Patrimonio das burgas da rúa Real e Lume de Deus
Por Redacción
O Concello de Cuntis vén de solicitar á Consellería de Cultura, na súa área de Patrimonio, a catalogación como Bens Patrimoniais, da burga Lume de Deus e da burga da Rúa Real.
A razón fundamental desta decisión é a protección, conservación, difusión e fomento dunha parte moi importante do patrimonio do Concello de Cuntis, co obxectivo da súa posta en valor e de dotar ás burgas dunha protección que até o de agora non dispoñen.
É labor do Concello de Cuntis, como institución de ámbito local, a protección, difusión e fomento do seu valor cultural, adoptando todas aquelas medidas que sexan necesarias para salvagardar os bens que vexan a súa integridade ou valor ameazados, como é o caso das burgas citadas.
Dende o gobernó local salientan que a petición de catalogación das burgas é totalmente compatible coa declaración do casco histórico como BIC, máis é unha figura "esencial" para unha maior protección dun dos seus recursos patrimoniais e culturais máis emblemáticos.
Relacionadas:
-
Acordo unánime no Parlamento para que as fontes termais de Cuntis sexan declaradas BIC
Por Redacción |
-
O Concello de Cuntis pecha a burga Lume de Deus
Por Redacción |
-
A Xunta amplía o perímetro de protección do acuífero termal de Caldas
Por Redacción |
-
Cuntis quere declarar Ben de Interese Cultural o seu conxunto histórico termal
Por Redacción |