Peche sen amor no Hospital do Salnés
Por Redacción
Pasaron o día de San Valentín e pasarán a noite encerrados na entrada do Hospital do Salnés ata a mañá do venres 15. Así o decidiron os representantes da xunta de persoal do Salnés como mostra do malestar laboral e social que os recortes están a provocar no sector sanitario xestionado polo SERGAS. Este colectivo denuncia, ademais, a perda de calidade dos servizos públicos e por este motivo están a protagonizar diferentes protestas nos centros hospitalarios.
Ata o Hospital do Salnés achegouse a deputada do BNG, Montserrat Prado, coa intención de trasladar o seu apoio aos delegados sindicais.
A semana pasada, os sindicatos xa protagonizaran outra protesta no Hospital Montecelo de Pontevedra.