Cruz Vermella Xuventude comeza en Pontevedra as súas actividades de verán
Por Redacción
Máis de 120 nenos participarán nas actividades de verán que pon en marcha Cruz Vermella Xuventude en Pontevedra.
Unha das actividades para os nenos e nenas entre 6 a 13 anos e que dará comezo o 5 de xullo serán as xa coñecidas Ludovermellas, nas que gozarán de diferentes actividades e xogos durante hora e media, dous días á semana os meses de xullo e agosto.
Outra das accións que se vai a realizar é o apoio escolar para os menores que teñan dificultades co curso e cuxas familias realicen a entrevista de acollida do programa. Proxecto Estudo diríxese a alumnos de primaria e secundaria.
Para os máis maiores (de 14 a 18 anos) levaranse a cabo as actividades do Proxecto Pineo, na que os rapaces que queiran aproveitar o verán axudando a outras persoas á vez que se divirten, poderán asistir ás sesións de formación.
Ademais continuará durante todo o verán o proxecto de Animación Hospitalaria Infantil que se desenvolve polas tardes no servizo de pediatría do Complexo Hospitalario pontevedrés para os menores ingresados.
E xa para finalizar o verán, realizarán o Campamento urbano, que vén desenvolvendo desde hai xa unha década, e que está dirixido a 45 nenos de entre 8 a 13 anos.
Todas estas actividades realizaranse baixo a coordinación dun equipo de máis de 20 voluntarios de Cruz Vermella Xuventude que ao longo deste mes de xuño traballaron na organización e deseño das actividades para que todo salga perfecto e as actividades sexan un gran éxito.
Cruz Vermella Xuventude exprésase como medio para a incorporación dos mozos a esta institución, xerando espazos de participación activa e vida asociativa do voluntariado. A organización aproveita o período estival como un bo momento para vincular e atraer ao proxecto asociativo a todos aqueles mozos que teñan un espírito solidario e ganas de aproveitar o seu tempo libre en beneficio doutras persoas e dotar este tempo de lecer dun sentido educativo, á vez que participan e divírtense xogando. Todas as actividades son gratuítas.