O estado dos parques infantís preocupa ao PP de Ponte Caldelas
Por Redacción
O Partido Popular de Ponte Caldelas elevou a voz de alarma polo "estado de abandono" que presentan os parques infantís repartidos polo municipio.
O portavoz do PP na corporación, Ricardo Castro, entende que os parques infantís das parroquias presentan "un estado lamentable, cheos de maleza e con columoios precintados".
Esta situación faise especialmente relevante, ao seu xuízo, porque "agora que os nenos do municipio teñen vacacións non poden gozar da maioría dos parques. Podemos entender que rompa un columpio e se precinte ata que se arranxe, pero algún leva precintado desde o ano pasado como é o caso de Caritel ou Silvoso", sinalou o representante popular.
Por ese motivo Castro considera "intolerable" que non se procedera polo menos á limpeza destas zonas infantís "a pesar de que o Concello dispón actualmente de máis de vinte operarios".