Caldelas de Tapas vende 1.500 racións na súa primeira xornada
Por Redacción
O primeiro venres do concurso gastronómico Caldelas de Tapas, que se repetirá todos os venres do mes de xullo, tivo unha gran acollida.
Así, segundo os datos que manexa o goberno local, na primeira xornada da segunda edición do certame vendéronse preto de 1.500 racións.
Algúns dos 13 locais de hostalería participantes incluso chegaron a esgotar as súas existencias, ao despachar ata 150 unidades da súa tapa, todas elas a un prezo de 2,50 euros con bebida incluída.
A demanda foi maior nos locais do centro da localidade, pero espérase que nas próximas xornadas a asistencia se estenda a zonas menos céntricas e ás parroquias.
As propostas desta edición de Caldelas de Tapas son: "Tostada de ceviche de langostino" (Bar Puente), "Rolo de carne silvestre" (Verdugolandia), "Raxo con piña" (Parada), "Tosta de langostino sobre rulo tépedo" (Aries), "Grecohamburteja picante" (O Greco), "Minicaldeburger" (Casa Fidel), "Cuscús traidor" (O Recanto), "Nube de pataca con tropezón de tenreira" (Pecas), "Entre brasas" (O Castilla), "Dentada mediterránea" (Acuña), "Delicias de mar dentro" (A Fonte), "Capricho de mar e terra” (Alameda) e "A beira do río" (Casa 501).
Relacionadas:
-
A cervexería Alameda gaña o segundo concurso Caldelas Tapas
Por Redacción |
-
Caldelas Tapas superou as 6.000 unidades vendidas e xerou un movemento económico de 15.000 euros
Por Redacción |
-
Cinco mil unidades vendidas nun Caldelas Tapas que entra na súa recta final
Por Redacción |
-
Estas son as trece propostas da segunda edición de Caldelas Tapas
Por Redacción |