Derivan a Povisa unha octoxenaria con queimaduras graves tras unha explosión no seu piso de Vilagarcía
Por Natalia Puga
Unha muller de 83 anos tivo que ser trasladada de urxencia ao Hospital Povisa de Vigo cun pronóstico de quemaduras graves tras sufrir unha explosión na súa propia vivenda en Vilagarcía. Unha segunda pesona, un mozo de 29 anos, tivo que ser ingresado na Unidade de Urxencias do Hospital do Salnés por intoxicación por inhalación de fume.
Segundo as fontes consultadas, a explosión produciuse sobre as 10.40 horas de hoxe xoves nun piso ubicado no terceiro andar do edificio número 9 da praza de Ravella, xusto en fronte da Casa Consistorial de Vilagarcía.
Os veciños sentiron unha forte explosión e trasladáronse ao lugar os Bombeiros de Vilagarcía e Ribadumia, as policías Local e Nacional, Protección Civil e os servizos médicos do 061.
A explosión rompeu os cristais e as fiestras do piso e enviou ao exterior unha forte chama de fume. Ademais, cairon cascotes aos coches estacionados na rúa. A octogenaria ferida atopábase no interior da vivenda e non puido abrir a porta de seguridade que a pecha, de forma que os bombeiros tardaron varios minutos en poder acceder á vivenda.
Unha vez dentro, rescataron a M.L.R., de 83 anos. Segundo fontes sanitarias, a muller sufría fortes quemaduras en distintas partes do corpo polas que xa foi derivada directamente nunha ambulancia á Unidade de Queimados de Povisa, onde tamén será atendida dunha intoxicación por inhalación de fume.
Ademais, I.P.R., de 29 anos, trasladouse ao Hospital do Salnés. Segundo as mesmas fontes, entrou consciente e orientado, pero presentaba síntomas de intoxicación por inhalación de fume. No propio lugar dos feitos, unha ambulancia atenddeu á muller de 93 anos E.B.B., pero recibiu o alta no mesmo punto.
As seis plantas do edificio tiveron que ser desaloxadas e a rúa cortada. Os bombeiros tardaron máis de tres horas en dar por controlada a situación.