Segue grave na UCI a octoxenaria ferida por unha explosión en Vilagarcía
Por Redacción
A muller de 83 anos de idade que resultou ferida o xoves ao rexistrarse unha explosión na súa vivenda en Vilagarcía continúa ingresada na UCI do hospital vigués de Povisa.
Segundo fontes hospitalarias a paciente, Marisa Vivero Conde, de 83 anos de idade, permanece en estado grave con ventilación mecánica. Presenta o cinco por cento da superficie corporal queimada e "síndrome inhalatorio grave".
A muller foi traslada en primeira instancia ao Hospital do Salnés, onde lle realizaron probas, e posteriormente foi derivada ao centro vigués de Povisa.