Dúas rúas no casco histórico de Estribela van rehabilitarse con fondos do ARI
Por Redacción
A comisión de Urbanismo de Pontevedra aprobou a rehabilitación de dúas rúas do centro histórico de Estribela, na parroquia de Lourizán. Trátase de traballos que se acometerán con fondos da área de Rehabilitación Integral (ARI) concedidos para esta zona cunha subvención é de 35%.
Investirase na reurbanización do espazo público na avenida Marques de Valterra e a renovación do pavimento na rúa do Mercado, segundo informou a concelleira de Urbanismo, Carme da Silva.
A actuación en Marqués de Valterra comprende o espazo desde o Mercado ata a avenida, ademais do entroncamento coa rúa Pedralonga. Vai substituír o pavimento de 54 metros de lonxitude, por outro de laxas de granito, incorporando o mesmo material no deseño das tapas das arquetas e pozos de rexistro.
Ademais vaise a intervir na rede de canalizacións de augas pluviais substituíndose a totalidade da rede no tramo da avenida. Tamén se revisará toda a rede de fecais, coa execución de novas acometidas. O custo da actuación supera os 31.000 euros e contempla tamén a limpeza da fonte pública e a colocación de sinalización horizontal e papeleiras.
Na rúa do Mercado, que conecta a zona peonil da rúa Senén coa avenida de Montero Ríos, cunha lonxitude duns 36 metros. Esta previsto que se levante todo o pavimento actual da rúa e sanear o terreo. Dotarase de novo pavimiento a base de louza de granito. Repararanse as instalacións dos servizos municipais en malas condicións e instalaranse unhas varandas de aceiro inoxidable para facilitar a mobilidade pola rúa. O custo da reforma supera os 30.000 euros.
Relacionadas:
-
Nesta semana avaliaranse as solicitudes de axuda para actuacións no ARI do casco histórico e Estribela
Por Redacción |
-
Nova convocatoria de axudas para os ARI do centro histórico e de Estribela
Por Redacción |
-
O día 20 conclúe o prazo para optar ás axudas da ARI de Estribela e o centro histórico
Por Redacción |